As TIC teñen sitio nas aulas dePrimaria
Publicado por rsegade, Posteado enOpinión
O pasado 24 de setembro, en “Vuelta de hoja” dese xornal, Miguel-Anxo Murado escribía un artigo arredor do ”ciberacoso”. Nel pódese ler: “…aunque nadie haya conseguido explicar de verdad en qué mejora la experiencia docente” (os medios dixitais,TIC).
Non podo estar de acordo con este xornalista, anque me doe porque leo tódolos seus traballos. Alá polo ano 2.000, a Fundación Amancio Ortega promocionou e puxo en marcha o chamado “Proxecto Ponte dos Brozos”. Achegou a este centro de Educación Primaria de Arteixo os medios dixitais necesarios e suficientes para que tódolos colexioss do mundo nos tiveran envexa. O máis importante deste proxecto foi a formación do Profesorado. Viaxamos por medio mundo (Portugal, Italia, Alemaña, Francia, Canadá, EE.UU…) Foi unha época dura pero chea de satisfaccións. A Universidade Blanquerna de Barcelona fíxonos unha auditoría externa e deuxou constancia de que o Alumnado noso estaba moi por enriba do que o informe Pisa daba como media.
Os que formamos aquel equipo pensamos que se un profesor é informático ou usuario de medios informáticos non ten a formación necesaria para integralos nas aulas. Estes medios teñen moitas ventaxas pero hai que empregalos con destreza e iso require que lle adiquemos moitas horas á súa didáctica. O Profesor/a debe ser pai/nai da meirande parte das actividades que desenvolvan os seus Alumnos/as.
Ramón Segade (Arteixo)